miércoles, 15 de noviembre de 2017

Programa Galeuropa: Experiencia de Adrían López en Brescia ( Italia)



Chámome Adrián, teño 28 anos e son de Baio, un pequeno pobo da Costa da Morte, en A Coruña. Seguramente vos preguntaredes por qué decidín realizar as prácticas do programa GALEUROPA. A verdade, é que é unha mestura de varias cousas. Fai cinco anos, tiven a oportunidade de realizar o programa GALEUROPA en Budapest (Hungría) e, fai tres anos, un Erasmus en Bari (Italia) durante seis meses. Era a primeira vez que tiña a posibilidade de vivir fóra de casa, cousa que me emocionaba e ilusionaba moito, e a verdade é que foron as mellores experiencias da miña vida.  Foron dúas experiencias que me marcaron moitísimo e sempre me quedaron as ganas de volver a facer algo similar.






 Os anos pasaron e, unha vez finalizada a carreira de Educación Social e os estudos superiores en Administración de Sistemas Informáticos e Redes, traballar durante un periodo en diferentes entidades, e estudar por libre, seguía con ese pensamento de que a miña vida e as miñas ganas de vivir novas experiencias non se podían limitar a comodidade de estar en Galicia, na chamada zona de confort, e que debía seguir experimentando novas experiencias para coñecer e coñecerse a un mesmo. Ó mesmo tempo, como ben sabedes, os tempos que corren non son precisamente os mellores para encontrar novas oportunidades de traballo, sobre todo para xente coma nós que en moitas ocasións, vémonos obrigados a buscar un futuro laboral lonxe do fogar, emigrando  a países sen garantías firmes de lograr unha resposta a situación de desemprego, polo que unha oportunidade deste tipo, como GALEUROPA, pode axudar na formación e coñecemento necesario para lograr certos obxectivos.
Como todos os veráns, traballo de socorrista acuático, traballo temporal como moitos de vos teredes, en Setembro acababa contrato e non sabía moi ben que facer nun periodo a corto plazo, polo que decidín solicitar información, de novo, sobre o programa Galeuropa, polo que me puxen en contacto ca asociación de Amigos da Terra.
Eles informáronme perfectamente de todos os pasos que se debían complementar, e as posibilidades das que se dispoñían, así como os diferentes lugares donde se podían realizar ditas prácticas laborais: Portugal, Chipre, Italia… Italia!! Ese país no que tanto disfrutei e aprendín tres anos atrás, e do que namorei.

Tras varias conversacións, aclarar todas as dúbidas ca asociación, resolver todo e estar completamente e ben informado, tiven a oportunidade de facer unha entrevista por Skype ca asociación de acollida en Brescia (Italia). En esta entrevista tiven a oportunidade de explicar o que buscaba, o que necesitaba en este momento, e o por qué de realizar estas prácticas. Como educador social, quería realizar unhas prácticas laborales que me abriran posibilidades laborais nun futuro e coñecer o funcionamento de ámbitos educativos nos que non tiven a posibilidade anteriormente de coñecer. Comentáronme que había a posibilidad de traballar en ADL ZAVIDOVIZI, unha cooperativa social que se encarga de acoller, formar e integrar a persoas refuxiadas que chegan a Italia, e tamén a posibilidade de realizar unha labor nun Parque Ambiental no centro da cidade.








Como? Poder involucrarme en dous proxectos distintos o mesmo tempo, en dous ámbitos que me encantan e no que poder aprender? Tan pronto me comentaron a posibilidade, convencinme de que realmente quería aproveitar esta experiencia. Unha semana despois, estaba rumbo a Brescia xunto con outros tres compañeiros: Jorge, Diego e Cristina.
As miñas prácticas divídense en dúas tarefas distintas:
En ADl ZAVIDOVIZI, estou traballando nun ámbito multicultural, no que me encargo da acollenza de persoas refuxiadas que solicitan asilo en Italia, donde me ocupo de diferentes tarefas, como búsqueda de traballo, de cursos, integración dos usuarios na comunidade, ensinar os servizos dos que poden disfrutar, acompañamento e tempo libre, etc. Por outra banda, en AMBIENTEPARCO, institución social pro ambiental, encárgome de diferentes proxectos, como actividades ambientais, información a persoas sobre servizos ambientais da cidade, actividades extraescolares con rapaces e rapazas locais ou animación e tempo libre.




Anímovos a disfrutar e solicitar programas desta índole, imaxina que podes coñecer unha nova cultura e o idioma de outro país mentras adquires novos coñecementos e experiencias laborais, todo esto sen coste algún, posto que o viaxe, o transporte, o aloxamento e a manutención están cubertos. Trátase pois, dun programa orientado a persoas entre 18 e 30 anos que podemos desenvolvernos personal e profesionalmente nun país europeo, adquirindo novas habilidades, tanto laborais como sociais, participando de maneira activa no ámbito que ti elixes.




Penso que o medo o descoñecido e saír desa zona de confort é un paso que hai que dar unha vez na vida, da que nunca máis voltarás, posto que vivir unha experiencia deste estilo, arriscar a coñecer o novo (persoas, situacións, vivencias….) é a maneira de crecer personalmente e experiencias deste tipo fai que se multipliquen e se adquiran de forma máis rápida.




Destacar tamén, que o trato que recibes é do máis cercano que te podes imaxinar, ademais de coñecer a moitos profesionales do teu ámbito (no meu caso, o educativo), que teñen experiencia no traballo que ti no futuro queres desenvolver e che poden aportar grandes coñecementos e te desenvolves profesionalmente acompañado destes en todo momento. En xeral, é unha moi boa experiencia que lla recomendo a todo o mundo, pero cabe dicir que non todo é bo, tamén hai días nos que te podes sentir con frustración, posto que o ideal é ter un traballo preto da túa casa no que disfrutes, pero hai que ollar cas lentes e ca visión positiva de que é unha maneira de abrir portas de cara un mellor futuro laboral.

In bocca al lupo ;)

Adrian López

No hay comentarios:

Publicar un comentario