miércoles, 15 de noviembre de 2017

Programa Galeuropa: Experiencia de Adrían López en Brescia ( Italia)



Chámome Adrián, teño 28 anos e son de Baio, un pequeno pobo da Costa da Morte, en A Coruña. Seguramente vos preguntaredes por qué decidín realizar as prácticas do programa GALEUROPA. A verdade, é que é unha mestura de varias cousas. Fai cinco anos, tiven a oportunidade de realizar o programa GALEUROPA en Budapest (Hungría) e, fai tres anos, un Erasmus en Bari (Italia) durante seis meses. Era a primeira vez que tiña a posibilidade de vivir fóra de casa, cousa que me emocionaba e ilusionaba moito, e a verdade é que foron as mellores experiencias da miña vida.  Foron dúas experiencias que me marcaron moitísimo e sempre me quedaron as ganas de volver a facer algo similar.