miércoles, 4 de octubre de 2017

La experiencia SVE de Beatriz en Reino Unido



- Por que elixiches facer un SVE?

Ao rematar a carreira non tiña moi claro o que quería facer; estudar un máster, buscar traballo... Entón entereime de que existían este tipo de bolsas de mobilidade para traballar na miña profesión. Pareceume unha boa opción para centrarme nun ámbito que me interesase da Educación Social e adquirir experiencia profesional, á vez que melloraba o idioma e reflexionaba sobre o que facer posteriormente. 



 - Que é o que máis che gustou? e o que menos? Tiveches algún problema?

A parte máis positiva do meu voluntariado foron as nenas e nenos cos que traballei e as súas historias persoais. Eu traballaba nunha asociación con mulleres e nenxs víctimas de violencia de xénero, e pese a que se vivían situacións moi duras, daba unha enorme satisfacción ver a evolución positiva destes rapaces a partir da axuda que nós lle ofrecíamos.
Por outro lado o que menos me gustou foi a limitación de actuación que se me impuxo. Dentro desta asociación traballábanse diferentes áreas, moitas delas relacionadas coa Educación Social, sen embargo eu solo podía actuar no ámbito de lecer e tempo libre.
Como problema podería destacar as clases de inglés que debería ter dende o principio, e que a asociación non me proporcionou ata o terceiro mes de voluntariado.


- Cal foi a maior aprendizaxe que tiveches durante a túa estancia?

Sen dúbida a maior aprendizaxe que recibín foi a nivel personal, a través das mulleres usuarias da asociación e das súas nenas e nenos.



- Agora con perspectiva, o SVE influíu no teu futuro? En que maneira?

Profesionalmente axudoume a decantarme por un ámbito profesional dentro da Educación Social. Antes de empezar o voluntariado non tiña claro en qué campo centrarme, e as experiencias vividas e o que alí coñecín facilitáronme a decición. 


- Por que aconsellarías a outras persoas facer un SVE?

É unha oportunidade para adquirir experiencia profesional no teu ámbito e coñecer como nel se traballa noutras culturas. O círculo social que consegues é moi diferente do que tes na túa cidade, coñeces persoas con diferentes perspectivas, aprendes a ser máis tolerante, e todo isto tradúcese nun enorme enriquecemento a nivel persoal. Por suposto tamén que a melloría do idioma é moi notable.


No hay comentarios:

Publicar un comentario