jueves, 13 de octubre de 2016

"El SVE te transforma para mejor" dinos Andrea dende Francia




 Andrea Caride, dende Niza, cidade onde reside actualmente cóntavos como foi a súa experiencia e como lle cambiou a vida o seu SVE en Francia...



Por qué elixeches facer un SVE?
Antes de hacer el SVE, el voluntariado ya hacía parte de mi vida pero vivir esa experiencia en el extranjero me atraía enormemente. El hecho de conocer cómo funcionan las cosas en otros países siempre me pareció muy importante. También era un reto personal el saber si podía vivir yo sola una experiencia de ese tipo y si podía ser útil a pesar de no hablar el mismo idioma de las personas con las que iba a colaborar.


Qué é o que máis che gustou?
Lo que más me gustó fue el hecho de haber tenido la posibilidad de conocer otra cultura -en mi caso la francesa-, gracias a vivir cotidianamente en el país. Me encantó aprender de las diferencias y de las semejanzas. Fue muy gratificante el saber que, pese a la barrera de la lengua, podía trabajar con mis compañeros y ser igualmente útil. Esta experiencia sirvió enormemente para mi propio desarrollo personal, me ayudó a conocerme mejor y a aprender prácticamente todos los días algo más de mi misma y de los demás.


Qué é o que menos che gustou?
La verdad es que no hay grandes cosas que no me hubiesen gustado. Al principio, los tres primeros días fueron un poco difíciles. Era la primera vez que iba a pasar una larga temporada sola fuera de casa y eso me imponía un poco. Pero esa pequeña aprensión inicial de no saber qué va a pasar, se fue al tercer día. Lo recuerdo perfectamente porque yo misma me hice la reflexión cuando noté que ese pequeño miedo de los primeros días se había transformando en euforia y ganas de hacer un montón de cosas.
¡Lo que menos me gustó fue el tener que volverme para casa!


Tiveches algún problema?
Durante mi voluntariado no tuve ningún problema grave. La gente de la asociación que me acogió eran unas personas magníficas y con gran sentido del humor, siempre había alguien disponible para ayudarme.


Cal foi o maior aprendizaxe que tiveches durante a tua estancia?
Mi mayor aprendizaje fue el de darme cuenta de que para poder superarse y crecer personalmente hay que osar y arriesgar su propio confort. Para conocerse a sí mismo hay que conocer y entender también a los demás, sobre todo a aquellos que son muy diferentes a nosotros mismos. Y para poder comprender mejor su propia identidad cultural, hay que poder ponerla en perspectiva conociendo y viviendo otras culturas.


Agora con perpectiva, o SVE influiu no teu futuro? En que maneira?
Sin ninguna duda. No sólo contribuyó a todo lo que he dicho anteriormente sobre mi desarrollo personal, sino que además gracias al SVE mi futuro se unió a Francia, y hoy en día trabajo, resido y he fundado una familia en Francia. ¡Ya veis hasta qué punto influyó!


¿Por qué aconsellarías a outras persoas facer un SVE?
El SVE es una experiencia genial, emocionante y muy enriquecedora. Para aquellos jóvenes que han dedicado toda su vida a estudiar o que todavía están en ello, es un modo de volver a tomar contacto con la realidad. Es una gran oportunidad para auto-superarse al mismo tiempo que se ayuda a otras personas. Las emociones, amistades y vivencias que se tienen durante un SVE son inolvidables y únicas. El SVE te transforma para mejor.




O mes de Lara en Lituania



 Lara Dopazo cóntavos a súa experiencia de SVE/EVS de curta duración en Lituania











  • Por que elixiches facer un SVE?
Pois en realidade non foi unha escolla: o voluntariado chegou a min por azar. Agora, visto con perspectiva, agradezo enormemente a ese azar que me puxera diante un voluntariado (e ademais en temas ambientais!!!) e dáme mágoa non ter coñecido o SVE antes, para poder, quizais, planificar un voluntariado de longa duración.

  • Que é o que máis che gustou? E o que menos? Tiveches algún problema?
Creo que me gustou todo. O voluntariado que eu fixen foi dun mes, e xuntámonos unhas 15 persoas de toda Europa e tamén de Xordania e Palestina, máis persoas da organización de acollida, que eran máis ou menos da mesma idade que as voluntarias e estaban moi involucradas na vida cultural da vila á que fomos. A acollida foi máis que cálida, con todo previsto para a nosa chegada e unha implicación grande a nivel local. Os recursos materiais eran escasos (por exemplo, acampamos durante máis da metade da estancia) pero isto tamén foi parte da adaptación ao entorno no que estabamos, e da aprendizaxe de ser o máis respectuosas posible co medio ambiente. 
 
  • Cal foi a maior aprendizaxe que tiveches durante a túa estancia?
Pola parte grupal, foi todo un reto a comunicación e a convivencia nun entorno tan multicultural. Non todo o mundo falaba inglés, e quen o falaba era cunha fluidez moi diferente. Desenvolvemos a capacidade de comunicarnos en diferentes linguas, de traducirnos unhas aos outros e mesmo de comunicarnos sen falar se era preciso. O mesmo aconteceu cos costumes de cada quen, e co xeito de ser e estar culturais. Foi un mes de botar prexuízos abaixo e de saber sacarlle o mellor partido ás nosas diferencias.
Pola parte 'natural', digamos, a experiencia foi magnífica. Parte do voluntariado desenvolveuse nun parque protexido, e o entorno era impresionante. Tamén a el tivemos que adaptarnos e tentar ser o máis respetuosas posible: non había casas, nin luz eléctrica, nin auga canalizada. Creo que eses días axudáronnos a aprender a priorizar e decidir que era importante e que non; así como a tomar decisións en grupo que fosen boas pra todo o mundo.

  • Agora con perspectiva, o SVE influíu no teu futuro? En que maneira?
Axudoume a ser máis adaptable a entornos culturais diferentes ao meu. A tentar ser menos prexuizosa cara o diferente e tentar comprender aos demais, que soa a frase feita de libro de autoaxuda, pero é certo. E axudoume, tamén, a ter unha pouca máis capacidade de supervivencia en lugares máis austeros (non sei moi ben como dicilo).
Cambiou a miña percepción de Europa, respecto ao crisol de culturas que é, e a miña relación coas linguas, coas francas como o inglés, pero tamén as minoritarias e minorazadas, como a miña e como boa parte das que se falan neste continente.

  • Por que aconsellarías a outras persoas facer un SVE?
Porque é unha oportunidade única de ir a un lugar ao que probablemente sexa difícil ir noutro contexto a facer algo que probablemente sexa imposible facer noutro contexto. Os beneficios de facer un SVE non son materiais, palpables. E son dificilmente explicables: aprender a comunicarte, a adaptarte e sobrevivir nun contexto cultural alleo, aprender linguas, facer amigos absolutamente distintos a ti, e gañar en autonomía. Aprender e desfrutar, finalmente, todo nun. É unha sorte poder facer un SVE. 

 

miércoles, 12 de octubre de 2016

As reflexións de Marta tras un ano en Eslovenia


Marta Fernández estivo en Slovenske Konjice en Eslovenia no 2006 durante un ano...










- Por que elixiches facer un SVE?

Supoño que pola mesma razón que calquera  universitario  se decide a facer un Erasmus .Queres vivir unha experiencia internacional e é un bo modo de vivila sen ter moitos cartos.


- Que é o que máis che gustou? e o que menos? Tiveches algún problema?

É difícil escoller o que máis me gustou, por suposto que tiven problemas, pero penso que tampouco cambiaría nada nese aspecto. Nesa experiencia sempre  podes ter algún  problema. O meu voluntariado durou un ano e nese tempo tratas con moita xente e pódense producir malentendidos ou ás veces, coma en calquera momento da vida, podes sufrir frustracións. No voluntariado  tes responsabilidades e, ás veces, dependes de moitas persoas para desenvolverte, sobre todo ó principio, se a iso unes as fallas na comunicación por culpa do idioma, necesitas enerxía e vontade.

- Cal foi a maior aprendizaxe que tiveches durante a túa estancia.
A miña estancia foi xa fai dez anos, teño 34 anos agora. Comento isto porque aínda que poida resultar paradoxal, é difícil ver en perspectiva dende tan lonxe, xa que, nalgúns momentos, penso se non estarei idealizando a miña vivencia. Logo, cando reflexiono un pouco mais dígome: non! é certo que foi xenial!
Supoño que aprendín que, a verdade, é que non somos tan distintos. As persoas, digo. Ó final, non importa de onde veñas, ou onde esteas, sempre podes facer unha amizade que dure toda a vida, rir hasta caer ó chan e chorar como se fose o teu último día na terra.

- Agora con perspectiva, o SVE influíu no teu futuro? En que maneira?
Penso que moitísimo. É imposible nomear todos os aspectos nos que influíu a miña estadía, pero a un nivel práctico:  Estiven un ano enteiro falando exclusivamente en inglés , agás nos momentos en que tentaba desenvolverme en esloveno claro!. Xa en España, afrontei entrevistas de traballo con moita maior seguridade e, algunhas delas eran en inglés.
Vivín un ano enteiro de viaxes por Europa e de coñecemento dunha chea de persoas de todas as partes do continente e, isto doume unha perspectiva internacional que me permitiu tamén ver o meu futuro laboral de maneira distinta. Eu son de Ourense, pero, despois da miña experiencia, xa barallaba con normalidade a posibilidade de acudir a unha entrevista a Frankfurt ou a París.  É unha forma de falar, non pensedes tampouco que de súpeto se me disputaban nas empresas. De feito non conseguín ningún daqueles traballos naquel momento.

- Por que aconsellarías a outras persoas facer un SVE?

Eu recomendo esta experiencia  por moitas razóns  pero, de novo, a un nivel práctico: páganche a viaxe de ida e volta, o  aloxamento e dánche algúns cartos ó mes. Podes aprender o idioma local e, aparte, tes que practicar o inglés queiras ou non queiras. Que tes que perder? Xa sei que é unha visión pouco idealista pero é que, a verdade, se non tes traballo neste momento, e tes menos de 30 anos, poderías atoparte de repente, coma me pasou a min, impartindo clases de español en inglés  a eslovenos nunha casa da xuventude, mentres tes as túas necesidades cubertas vivindo pola túa conta. E, cando podería sucederche iso en España? Supoño que hai afortunadas e afortunados , pero dubido que a maioría da xente nova teña oportunidades así.
Non podo resumir aquí todo o que me pasou e recoñezo que tiven moita sorte. Fun a primeira voluntaria que recibiu Slovenske Konjice, e tratáronme con moito cariño. Estiven eu sola durante meses hasta que chegou algunha outra voluntaria. Outras voluntarias  e voluntarios noutros lugares, sei que tiveron peor sorte. A túa vida alí depende moito  de que che guste o  acomodo que che procuraron,  de que tarefas queiran que desenvolvas ou de canto tempo teñan para dedicarche. O certo é que, debo dicir que, o peor que che pode pasar é que esteas insatisfeito e decidas marchar, e, aínda que sexa politicamente incorrecto, serás libre de facelo. Se che pasa algo así que, o máis probable é que non, estou segurísima de que aínda así, nunca te vas arrepentir de telo intentado.

Nadia estivo en Francia colaborando en actividades de educación ambiental




Nadia estivo 10 meses en Francia no 2012 colaborando cunha asociación no ámbito da educación ambiental.








- Por que elixiches facer un SVE?
Pois a verdade e que non sabía moi ben que facer ca miña vida. Tiña a carreira pendente duns créditos de libre configuración pero non quería pasar un ano máis con iso, así que mirei que opcións tiña, e investiguei sobre o SVE. Cando vin que había toda unha base de datos sobre os proxectos, vídeos en internet, información de outros voluntarios, que os gastos se sufragaban, que se ía con seguro internacional, e que non facían falta estudos rematados non o pensei moito máis.
- Que é o que máis che gustou? e o que menos? Tiveches algún problema?
Gustoume todo. Estiven 10 meses alá traballando en diferentes proxectos, polo que intentar reducir todas esas vivencias a uns cantos parágrafos faise case imposible.
Tiven a sorte de traballar nunha asociación que se adica a facer actividades educativas sobre a importancia do medio ambiente nas nosas vidas, sobre todo poñendo en valor o papel dos ríos e os ecosistemas acuáticos. Fan actividades tanto para nenos como para adultos, polo que tiven a sorte de traballar para ambos colectivos.
Pero ademais a asociación realizaba o longo do ano diferentes proxectos internacionais con asociación do resto de Europa e a zona do Magreb. Isto permitiume viaxar a outros países (Tunisia e Letonia) e coñecer a un montón de xente de diferentes culturas que visitaban as nosas instalacións para asistir a cursos, seminarios, campos de traballo e campamentos.




Obviamente, non todas as actividades que tiña que facer me gustaban, pero a experiencia foi moi gratificante. Se hai algo do SVE que non me gustara non foi a experiencia en sí, se non o SVE a nivel institucional. Creo que non se lle da visibilidade nin importancia, nin desde as administracións publicas (concellos, universidades, institutos...) nin por parte da empresa privada ou asociacións...
Non tiven ningún problema, aínda que si coñecín a xente que os tivo. Tamén e certo, que para iso están previstos os seminarios de chegada e as asociacións de envío, que en teoría deben facer un seguimento dos voluntarios que envían.

- Cal foi a maior aprendizaxe que tiveches durante a túa estancia?
A verdade e que aprendín moito, desde o máis obvio, como pode ser o idioma, ata cousas que non o son tanto, como pode ser aprender a desenvolverte soa nun aeroporto cando non coñeces o idioma, ter que xestionar os cartos, buscar novas amizades, somerxerte nunha nova cultura con todo o que iso implica (idioma, arquitectura, festas, gastronomía, horarios de ocio, diferentes formas de relacionarse...)

- Agora con perspectiva, o SVE influíu no teu futuro?  En que maneira?
Influíu na miña vida cotiá: en como me relaciono ca xente, co medio ambiente, en ter menos prexuízos, ser máis aberta de mente...
Desgraciadamente no ámbito laboral pouco influíu pero cando me fun tampouco pensaba nese aspecto, só quería facer algo que me fixera feliz, e durante 10 meses fíxeno.

- Por que aconsellarías a outras persoas facer un SVE?
É unha experiencia única:
- Ofrece a oportunidade de traballar en algo interesante para unha asociación sen ánimo de lucro
- Posibilidade de coñecer xente nova
- Aprender unha lingua nova
- É seguro
- É barato
- É divertido...
Axuda a crear unha cidadanía europea, que creo que agora é incluso máis necesaria do que o era xa en 2012. Eu desde logo se puidera repetir un SVE non o pensaba dúas veces.

Santiago estivo no 2014 en Irlanda traballando como xornalista ambiental



Santiago Agra estivo no 2014 en Irlanda con GEAI (Good Energy Alliance Ireland) onde participou en campañas de lobby e educación en torno ao fracking, cambio climático ou enerxías renovables. Descobre como esta experiencia marcou o futuro deste mozo como xornalista ambiental agora en Nicaragua ademais de coñecer a persoeiros interesantes como  Gerry Adams, o líder do Sinn Féin.



Por que elixiches facer un SVE?
Porque era unha boa alternativa á situación que vivía naquel momento. Como moita outra xente da miña xeración, estaba en paro logo de estudar carreira e máster, e como moitos e moitas sentinme forzado a marchar. Un amigo faloume do SVE e comecei a buscar información sobre que era e as oportunidades que ofrecía e probei sorte. Tiña claro que quería empregalo para gañar experiencia no meu eido, para ter un mellor nivel de inglés e como trampolín para futuros traballos.




Que é o que máis che gustou? e o que menos? Tiveches algún problema?
A oportunidade de traballar no meu eido, nun lugar no que creo que aprendín moito, e coñecer aínda máis Irlanda, tanto o Norte e o seu conflito como a República. O único problema foi que o lugar onde fixen o meu voluntariado era nunha pequena vila do oeste da illa, unha zona mal comunicada e da que a xente nova fuxe. Un lugar moi fermoso, pero ás veces facíase un pouco despoboado. Tiven a sorte de son ser o único voluntario.




Cal foi a maior aprendizaxe que tiveches durante a túa estancia?
Probabelmente gañei moita resiliencia persoal, polo feito de estarme desenvolvendo noutro país e noutra lingua, amais dun mellor nivel de inglés. Alén diso, aprender a tocar samba e participei nos desfiles de Halloween en Derry e San Patricio en Dublín. Son lembranzas que non se me borrarán. Cousas que ocorren no oeste de Irlanda.



Agora con perspectiva, o SVE influíu no teu futuro?  En que maneira?
Foi fundamental. Grazas á experiencia gañada neses 12 meses co SVE accedín ao meu actual traballo en América Central cunha ONG irlandesa. Aprendín máis ou perfeccionei as habilidades que xa tiña e acadei un nivel profesional de inglés. Sen este voluntariado non o tería conseguido.












Por que aconsellarías a outras persoas facer un SVE?
Pola experiencia e as portas que abre. O SVE pode ser moi útil de xeitos moi diversos. Pódese usar, como fixen eu, para saír dunha situación de desemprego logo da universidade, pero pode servir para facer algo diferente ou vivir noutro país se non fixeches un Erasmus. Ao fin e ao cabo, o SVE é o ti fas con el.





O SVE de Sonia en Grecia

 
Sonia Méndez estivo xa fai máis de 10 anos na cidade de Larissa en Grecia, país onde se quedou a vivir. Alí colaborou cunha organización xuvenil que traballaba en distintos programas con mocidade.
















- Por que elixiches facer un SVE?
Penso que é unha experiencia única, non só por poder facer unha viaxe e coñecer un novo lugar senón pola oportunidade de coñecer a outras persoas, outros modos de pensar e de abrir a túa mente. Ofrecer tempo e enerxía a outras persoas é algo moi gratificante.

















 














- Que é o que máis che gustou? e o que menos? Tiveches algún problema?
O mellor foi coñecer a xente de diferentes países e sentirte coma eles, xente tan diferente e ó mesmo tempo tan similar. O peor, ó principio o idioma, pero pouco a pouco daste conta de que se hai vontade, as persoas pódense entender perfectamente sen palabras.









- Cal foi a maior aprendizaxe que tiveches durante a túa estancia?
Que podo valerme por min mesma, e que moitas veces estamos equivocados en moitas cousas. Temos que aprender a respetar as costumes e opinións dos demáis, aínda que sexan diferentes ás nosas.



 












- Agora con perspectiva, o SVE influíu no teu futuro?  En que maneira?
E vaia se influíu! Quedéime a vivir en Grecia e agora traballo como profesora de castelán. Xa levo aquí mais de 10 anos.






 
- Por que aconsellarías a outras persoas facer un SVE?
Porque é una experiencia incrible. O EVS dache a oportunidade de pasar un tempo noutro país e coñecer a xente de diferentes lugares.





viernes, 7 de octubre de 2016

A experiencia de Lucía en Eslovaquia

 
Lucía García Cernuda no 2014 durante un mes participou nun proxecto de corta duración xunto con outras 4 persoas en Eslovaquia. Aquí nos conta sobre a súa experiencia.













 
- Por que elixiches facer un SVE?
Levaba tempo facendo voluntariado en Galicia e apetecíame moito vivir a experiencia nun lugar diferente, fora. Creo que mais que porque elixín un SVE, elixín facer ese SVE concreto. Interesábame o tema (bioconstrución) e o país e sitio onde se ía levar a cabo: unha granxa nunha montaña eslovaca.


- Que é o que máis che gustou? e o que menos? Tiveches algún problema?
O lugar. O entorno natural onde nos quedamos era impresionante. Vivir naquela montaña e naquel val. Percorrer os traxectos camiñando entre bosques de abeleiras e carballos. O traballo no tellado tamén gustoume moito. Podía parecer monótono, atar fardos de xuncos todos os días, pero para nada era así. Era un traballo en equipo, no que a cada momento tiñas que ir solucionando encontros e pequenos detalles, subindo e baixando do tellado. Tamén fixemos moito traballo manual na horta e na granxa que persoalmente, paseino moi ben. O ambiente de comunidade que alí había tamén impresionoume, existían "bens comúns" que compartían entre todas as persoas habitantes (coches, o banco de alimentos, a gardería) que considero un modelo de xestión do que aprender cousas.

O que menos me gustou foron algúns aspectos da organización de acollida. Houbo temas que non estiveron ben xestionados en relación a saúde e a hixiene. Tamén custou bastante que as rapazas nos deixaran facer o traballo manual enriba do tellado xa que ao principio querían que estiveramos soamente de apoio abaixo.

- Cal foi a maior aprendizaxe que tiveches durante a túa estancia?
Aprendín a convivir en condicións moi peculiares con moita xente diferente. Foi unha situación moi especial que non creo que poda repetir nesas circunstancias e que como experiencia persoal enriqueceume moito.



- Agora con perspectiva, o SVE influíu no teu futuro?  En que maneira?

A nivel persoal, influíume moito. Para min o SVE en Sekier foi unha experiencia que vivín dunha forma moi intensa, teño moitos recordos asociados a ese mes. É certo que foi unha tempada breve, pero na que pasaron cosas extraordinarias. Tamén foi un trampolín de saída para outras viaxes e voluntariados en lugares mais lonxanos que virían despois. Mostroume que era capaz de facer cousas que non esperaba e asumir situacións delicadas. Ademais, serviume para formarme practicamente en temas de bioconstrución e tecnoloxías apropiadas que ata o momento soamente puidera aprender de forma teórica.

- Por que aconsellarías a outras persoas facer un SVE?

Creo que é unha oportunidade para aprender e convivir nun contexto moi diferente, dar algo a cambio de moito e coñecer outras formas de facer, ser e pensar.

Agradezo a Amigos da Terra a oportunidade de enviarme :)

Experiencia de María Morais en Irlanda

 
María Morais estivo facendo un SVE en Irlanda, país no que aínda reside, no 2009, colaborando un proxecto con adultos con discapacidade. Aquí nos conta a súa experiencia...

 
 





Por que elixiches facer un SVE?
    Foi cando tiña uns 17 anos, encontrei un artigo na “Revista xove” sobre o servizo do voluntariado europeo. Pareceume moi interesante , una boa oportunidade para vivir unha experiencia,  aprender unha lingua e cultura nova no propio pais, coñecer xente de diferentes nacionalidades. A verdade e que tardei en dalo paso, pero tíñao sempre na miña cabeza ata que conseguín  mais información de como funciona o SVE e empecei a buscar proxectos no que participar.

Que é o que máis che gustou? e o que menos? Tiveches algún problema?

    A verdade e que a miña experiencia foi moi positiva, a pesar de que acabei un proxecto que solicitei por erro ( buscaba proxectos no que traballar con nenos pequenos, pero confundinme no numero de referencia dun dos proxectos nos que solicitei e xusto ese foi o proxecto que me chamaron, para traballar con adultos con discapacidade( física e intelectual), todo o contrario o que buscaba).
Gustoume moito a organización. Realizáronse encontros organizados con outros voluntarios durante unha fin de semana antes no pais de procedencia e durante a duración do proxecto con outros voluntarios que están nese mesmo pais. Pois axudaba moito a expresar a dubidas, falar dos problemas e buscar solución en grupo de como mellorar a nosa experiencia durante o voluntariado. Tamén, foi moi positivo coñecer xente nova coas mesma inquietudes, cos que seguir en contacto e facer quedadas para viaxar e falar dos proxectos nos que estamos a participar.

De experiencia negativa  a verdade que me quedaría o duro que foi cando rematei o voluntariado. Un  dos residentes da casa na que estaba a participar como voluntaria pasouno moi mal cando tiven que marchar, pois collerame moito cariño e non entendía por que tiña que irme e deixar que entrasen novos voluntarios.





Cal foi a maior aprendizaxe que tiveches durante a túa estancia?
     A miña maior aprendizaxe foi a oportunidade de coñecer de primeira man a discapacidade tanto física como intelectual. As diversas actividades que tiña que realizar no proxecto abriume a mente de como é o seu día a día , a súa realidade, os seus limites e que tamén se pode levar unha vida activa. Que son persoas coma nós que quizás precisen dunha axuda extra para determinadas tarefas, sendo iso o que nos diferencia deles.



Agora con perspectiva, o SVE influíu no teu futuro? En que maneira?

     SVE tivo moita influencia no meu futuro unha vez rematado o proxecto. Gustoume tanto a miña experiencia vivindo en Irlanda que decidín quedarme e buscar traballo aquí. E disto xa falamos 7 anos vivindo na Isla da Esmeralda.

Por que aconsellarías a outras persoas facer un SVE?
    Para min foi una das mellores decisión que tomei na miña vida e  que se podería repetir,  o faría.
O EVS ofrece unha experiencia e a oportunidade de intercambio intercultural, crecemento persoal, viaxar, facer amizades novas e vivilo como unha experiencia única na vida.