jueves, 10 de septiembre de 2015

Voluntarias de Grecia e Hungría colaboran con Amigos da Terra

Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter
mapa sve 2014Amigos da Terra ven de recibir a dúas novas persoas voluntarias europeas Konstantinos Sbonias procedente de Grecia e Agnes Csirmaz de Hungría e, que acaban de iniciar o seu voluntariado esta semana e permanecerán en Ourense durante os próximos dez meses. Os voluntarios sumaranse aos distintos proxectos e campañas de información e educación ambiental que se desenvolven nos nosos centros e colaborarán no Centro de Educación Ambiental " As Corcerizas".



Este proxecto foi recentemente aprobado pola Comisión Europea dentro do Programa Erasmus+ da Unión Europea e está enclavado dentro do Servizo Voluntario Europeo, que busca a mobilidade dos mozos e mozas europeos para que coñezan as diferentes realidades culturais e sociais doutros países participando en iniciativas que contribúan á mellora social e ambiental.


konstas agi

Así mesmo, Amigos da Terra conta na actualidade con outros duas voluntarias europeos: Eszter Jákli de Hungría e Aurélie Lombard de Francia, que participan no mesmo proxecto dentro do programa Servizo Voluntario Europeo.

Amigos da Terra tamén actúa coma organización coordinadora e xestionamos o envío de voluntarios e voluntarias. Así, ao longo de este ano 2015 varios mozos e mozas galegos están a desenvolver proxectos de voluntariado, tanto no eido ambiental, como social ou cultural en diferentes países coma Eslovaquia, Irlanda, Italia e Suecia.

Por último, dende a asociación queremos animar a todos os mozos e mozas, menores de 30 anos, que queiran vivir unha a aventura do Servizo Voluntario Europeo que non desaproveiten a ocasión e que se poñan en contacto con nós (Telf 988 374 318 ou sve@amigosdaterra.net) ou pasen polas nosas oficinas (na rúa Bedoia, 5 – 2º) para facilitarlles mais información de xeito totalmente gratuito. O programa cubrirá todos os gastos de viaxe, aloxamento e manutención de ata 12 meses dos voluntarios e voluntarias que resulten seleccionados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario