martes, 10 de febrero de 2015

Voluntarias de Hungría e Francia incorpóranse a Amigos da Terra


Amigos da Terra ven de recibir a dúas novas voluntarias europeas Eszter Jákli procedente dende Hungría e Aurélie Lombard de Francia, que acaban de iniciar o seu voluntariado esta semana e permanecerán en Ourense durante os próximos once meses. As voluntarias sumaranse aos distintos proxectos e campañas de información e educación ambiental que se desenvolven nos nosos centros e colaboraran no Centro de Educación Ambiental " As Corcerizas".



Este proxecto foi recentemente aprobado pola Comisión Europea dentro do Programa Erasmus+ da Unión Europea e está enclavado dentro do Servizo Voluntario Europeo, que busca a mobilidade dos mozos e mozas europeos para que coñezan as diferentes realidades culturais e sociais doutros países participando en iniciativas que contribúan á mellora social e ambiental.


Así mesmo, Amigos da Terra conta na actualidade con outros tres voluntarios europeos: Giorgio Mentrasti de Italia, Theresa Waldmueller de Alemaña, e Claudia Ferreira de Portugal, que participan no mesmo proxecto dentro do programa Servizo Voluntario Europeo.

 
Amigos da Terra tamén actúa coma organización coordinadora e xestionamos o envío de voluntarios e voluntarias. Así, ao longo de este ano 2015 varios mozos e mozas galegos están a desenvolver proxectos de voluntariado, tanto no eido ambiental, como social ou cultural en diferentes países coma Eslovaquia, Grecia, Irlanda e Suecia.

Por último, dende a asociación queremos animar a todos os mozos e mozas, menores de 30 anos, que queiran vivir unha a aventura do Servizo Voluntario Europeo que non desaproveiten a ocasión e que se poñan en contacto con nós (Telf 988 374 318 ou sve@amigosdaterra.net) ou pasen polas nosas oficinas (na rúa Bedoia, 5 – 2º) para facilitarlles mais información de xeito totalmente gratuito. O programa cubrirá todos os gastos de viaxe, aloxamento e manutención de ata 12 meses dos voluntarios e voluntarias que resulten seleccionados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario