lunes, 15 de septiembre de 2014

Amigos da Terra acolle a novos voluntarios europeos


Amigos da Terra acolle a tres novos voluntarios europeos Theresa Waldmueller?chegada dende Alemaña, Giorgio Mentrasti de Italia e Claudia Ferreira de Portugal, que acaban de iniciar o seu voluntariado esta semana e permanecerá en Ourense durante os próximos once meses. Os voluntarios súmanse aos distintos proxectos e campañas de información e educación ambiental que se desenvolven nos nosos centros e colaborando no Centro de Educación Ambiental " As Corcerizas".








Este proxecto foi recentemente aprobado pola Comisión Europea dentro do Programa Erasmus+ da Unión Europea e está enclavado dentro do Servizo Voluntario Europeo, que busca a mobilidade dos mozos e mozas europeos doutros países para que coñezan as diferentes realidades culturais e sociais doutros países participando en iniciativas que contribúan á mellora social e ambiental.




Amigos da Terra tamén actúa coma organización coordinadora e xestionamos voluntarios de envío. Así, ao longo de este ano 2014 varias persoas voluntarias de Ourense, están desenvolvendo un proxecto de voluntariado por toda Europa en diferentes países coma Eslovaquia, Grecia, Irlanda, Italia e Luxemburgo.




Dende a asociación queremos animar a todos os mozos e mozas que queiran participar no Programa Servizo Voluntario Europeo que non desaproveiten a ocasión e que se poñan en contacto con nós ou pasen polo noso centro para facilitarlles mais información.

No hay comentarios:

Publicar un comentario