viernes, 7 de febrero de 2014

Novos voluntarios europeos colaboran con Amigos da Terra



Amigos da Terra acolle a duas novas voluntarias europeas Clara Chipoulet chegada dende Francia, e Natalia Muszynska de Polonia, que acaban de iniciar o seu voluntariado esta semana e permanecerá en Ourense durante os próximos once meses. Os voluntarios súmanse aos distintos proxectos e campañas de información e educación ambiental que se desenvolven nos nosos centros, colaborando principalmente no Centro de Educación Ambiental " As Corcerizas".








A asociación Amigos da Terra conta na actualidade con outros voluntarios europeos de Portugal, Reino Unido e Dinamarca, que participan no mesmo proxecto dentro do programa xuventude da Unión Europea.










Este proxecto foi recentemente aprobado pola Comisión Europea dentro do Programa Xuventude en Acción da Unión Europea e está enclavado dentro do Servizo Voluntario Europeo, que busca a mobilidade dos mozos e mozas europeos doutros países para que coñezan as diferentes realidades culturais e sociais doutros países participando en iniciativas que contribúan á mellora social e ambiental.












Amigos da Terra tamén actúa coma organización coordinadora e xestionamos voluntarios de envío. Así, ao longo de este ano 2014 varias persoas voluntarias de Ourense, están desenvolvendo un proxecto de voluntariado por toda Europa en diferentes países coma Eslovaquia, Francia, Grecia, Luxemburgo, Portugal, e Suecia.





Dende a asociación queremos animar a todos os mozos e mozas que queiran participar no Programa Xuventude da Unión Europea que non desaproveiten a ocasión e que se poñan en contacto con nós ou pasen polo noso centro para facilitarlles mais información.


No hay comentarios:

Publicar un comentario