viernes, 9 de agosto de 2013

Let’s arrage free time!


Amigos da Terra colaborou coa asociación DDM Ulita nun proxecto de Servizo Voluntariado Europeo  desenvolvido na República Checa, no que participou a nosa voluntaria Carmen Cillero durante dez meses.

 







DDM Ulita é un centro de ocio e tempo de lecer na cidade de Praga, República Checa, que presta servizos no campo da educación non formal, a través de programas activos de actividades de tempo de lecer para nenos/as, mozos/as e adultos. 
 

As actividades nas que participa o voluntario son: cursos regulares (clases de baile, musica, cerámica, idiomas, etc), os clubs que se encontran dentro do centro (gardería, un club para a xuventude frecuentado na súa maioría por mozos/as de etnia xitana, e un club para pais e nais), eventos puntuais, obradoiros abertos, campamentos e eventos festivos.


 


RESUMO DO PROXECTO:



  1. ENTIDADE / ASOCIACIÓN: DDM Ulita - Amigos da Terra
  2. TÍTULO DO PROXECTO: Let’s arrage free time!
  3. LUGAR DE REALIZACIÓN: Praga, Republica Checa
  4. DATA DE CELEBRACIÓN: xaneiro 2012 – outubro 2012
  5. PAÍSES PARTICIPANTES: España, Republica Checa
  6. Nº DE PARTICIPANTES GALEGOS: 1
  7. Nº DE PARTICIPANTES TOTAIS: 5

     


    Desde Amigos da Terra queremos animar a todolos mozos/as que queiran participar e realizar un proxecto de voluntariado europeo que se poñan en contacto con nós.

    Sve Amigos da Terra: sve@amigosdaterra.net




No hay comentarios:

Publicar un comentario