lunes, 20 de mayo de 2013

Voluntarios Europeos colaboran con Amigos da Terra


 
Amigos da Terra acolle a un novo voluntario europeo chegado dende Italia, Salvatore Amelio, que acaba de iniciar o seu voluntariado esta semana e permanecerá en Ourense durante os próximos oito meses. O voluntario súmase aos distintos proxectos e campañas de información e educación ambiental que se desenvolven nos nosos centros, colaborando principalmente no Centro de Educación Ambiental “ As Corceirzas”.




A asociación Amigos da Terra tamén conta na actualidade con outros dous voluntarios europeos de Francia e Holanda, que participan no mesmo proxecto dentro do programa xuventude da Unión Europea.


Este proxecto foi recentemente aprobado pola Comisión Europea dentro do Programa Xuventude en Acción da Unión Europea e está enclavado dentro do Servizo Voluntario Europeo, que busca a mobilidade dos mozos e mozas europeos doutros países para que coñezan as diferentes realidades culturais e sociais doutros países participando en iniciativas que contribúan á mellora social e ambiental.




Amigos da Terra tamén actúa coma organización coordinadora e xestionamos voluntarios de envío. Así, ao longo de este ano 2013 varias persoas voluntarias de Ourense, están desenvolvendo un proxecto de voluntariado por toda Europa en diferentes países coma Dinamarca, Eslovaquia, Francia, Grecia, Luxemburgo, Portugal, e Suecia.

Dende a asociación queremos animar a todos os mozos e mozas que queiran participar no Programa Xuventude da Unión Europea que non desaproveiten a ocasión e que poñan en contacto con nós se pasen polo noso centro para facilitarlles mais información.

No hay comentarios:

Publicar un comentario