viernes, 23 de noviembre de 2012

Centre of the Leisure Time



Amigos da Terra colaborou coa asociación Centre of the Leisure Time v Starej Bystricinun nun proxecto de Servicio Voluntario Europeo desenvolvido en Eslovaquia, no que participou a nosa voluntaria Marta Trigo Mosquera durante nove meses.






Trátase dun proxecto de tipo social, nun centro de ocio e tempo libre no cal se realizan todo tipo de clases para adultos xóves e sobre todo nenos.

A miña principal tarefa en relación cos nenos, era a programación e realización de diferentes actividades como: cociña, desportes, manualidades, excursións na natureza…
Outra das miñas principais ocupacións durante o proxecto foi a ensinanza de español para extranxeiros, adolescentes e adultos.

Con frecuencia tamén axudaba na creación de posters promocionales sobre novas actividades ou eventos a realizar no centro.

En relación co deseño gráfico tamén dicir que din clases de photoshop a adolescentes no primeiro trimestre do ano.



RESUMO DO PROXECTO:

  1. ENTIDADE / ASOCIACIÓN: Centre of the Leisure Time - Amigos da Terra
  2. TÍTULO DO PROXECTO: Creative activities in spare time with children and youth
  3. LUGAR DE REALIZACIÓN: Stará Bystrica - Slovakia
  4. DATA DE CELEBRACIÓN: 1-10-2011 / 1-08-2012
  5. PAÍSES PARTICIPANTES: España - Eslovaquia
  6. Nº DE PARTICIPANTES GALEGOS: 1
  7. Nº DE PARTICIPANTES TOTAIS: 2




Desde Amigos da Terra queremos animar a todolos mozos/as que queiran participar e realizar un proxecto de voluntariado europeo que se poñan en contacto con nós.

Sve Amigos da Terra: sve@amigosdaterra.net






 


No hay comentarios:

Publicar un comentario