martes, 14 de febrero de 2012

Voluntarios Europeos colaboran con Amigos da Terra


A asociación Amigos da Terra, acolle a dúas novas persoas voluntarias europeas ambas de Portugal: Marcos Matos de Oporto e Carla Trindade de Lisboa, que acaban de iniciar o seu voluntariado e permanecerán en Ourense durante 1 ano. Os voluntarios súmanse aos distintos proxectos de información e educación ambiental que se desenvolven nos nosos centros.



O proxecto foi recentemente aprobado pola Comisión Europea dentro do Programa Xuventude en Acción da Unión Europea e está enclavado dentro do Servizo Voluntario Europeo, que busca a mobilidade dos mozos e mozas europeos doutros países para que coñezan as diferentes realidades culturais e sociais doutros países participando en iniciativas que contribúan á mellora social e ambiental.



Amigos da Terra tamén actúa coma organización coordinadora e xestionamos voluntarios de envío. Así, ao longo de este ano 2012 varias persoas voluntarias de Ourense, están desenvolvendo un proxecto de voluntariado por toda Europa en diferentes países coma Dinamarca, Eslovaquia, Francia, Italia e Turquía.

Dende a asociación queremos animar a todos os mozos e mozas ourensáns que queiran participar no Programa Xuventude da Unión Europea que non desaproveiten a ocasión e que se pasen polo noso centro para facilitarlles mais información.



Para máis información

Amigos da Terra
Angel Dorrío (responsable de voluntariado de Amigos da Terra)
Tfno:988 374 318


No hay comentarios:

Publicar un comentario