jueves, 31 de marzo de 2011

Novos Voluntarios Europeos colaboran con Amigos da Terra


Amigos da Terra, acolle a catro novas persoas voluntarias europeas: Balint Mezo de Hungría, Aurel Rusnak de Eslovaquia, Ludovic Loisel e Sandra Almeida de Portugal, que acaban de iniciar o seu voluntariado e permanecerán en Ourense durante 1 ano.
Os voluntarios súmanse aos distintos proxectos de información e educación ambiental que se desenvolven en Amigos da Terra e no centro de "As Corcerizas".



O proxecto foi recentemente aprobado pola Comisión Europea dentro do Programa Xuventude en Acción da Unión Europea e está enclavado dentro do Servizo Voluntario Europeo, que busca a mobilidade dos mozos e mozas europeos doutros países para que coñezan as diferentes realidades culturais e sociais doutros países participando en iniciativas que contribúan á mellora social e ambiental.


No hay comentarios:

Publicar un comentario